Publicado o novo número do Guieiro
Xa está publicado o novo número do Guieiro, voceiro da Unión da Mocidade Galega, o número 39 correspondente a decembro de 2020.
Nel podemos atopar artigos referidos á crise da saúde, así como á crise industrial na Galiza. A situación da muller nos tempos da Covid-19, a lei trans estatal, o movemento estudantil galego, Polonía e a situación das mulleres e Castelao: de Nós a Nós, son outros dos temas tratados neste número.
Este Guieiro será presentado en diversas cidades e vilas da Galiza: Compostela o 11 de maio, Pontevedra o 15 de maio, Allariz, A Estrada e moitos outros lugares aínda por pechar. Así mesmo desenvolveranse presentacións telemáticas das que se dará conta pública en breve.