Revivindo Castelao. 40 anos de silencio e ocultación

Este sábado 29 de xuño a partir das 9:30h no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, a Federación Galiza Cultural coa colaboración da Plataforma Social Vía Galega e o propio Museo do Pobo Galego, organizan a xornada “Revivindo Castelao. 40 anos de silencio e ocultación”, coincidindo co aniversario da traída dos seus restos a Santo Domingos de Bonaval.

A xornada, que reunirá a historiadores, docentes, xornalistas e economistas, ten por obxecto, en sendas quendas de mañá e tarde, analizar o contexto cultural, social e político no que esta traída se realizou, recuperar o pensamento e a obra do político galego e a analizar a súa vixencia na actualidade.

Deste xeito, a programación da mañá prevé comezar ás 9.45 horas coa presentación da data a cargo de Xosé Manuel Carril, presidente da Federación Galiza Cultura, e Anxo Louzao, portavoz da Plataforma Vía Galega.

A seguir desenvolveranse, sucesivamente, tres palestras que terán como eixo, precisamente, dar contexto á traída dos restos de Castelao, o seu pensamento político e como na actualidade está a ser tratada e dignificada a súa figura.

Dadas as limitacións de capacidade, é necesaria a anotación previa nesta xornada, dando prioridade á orde de inscrición, pudendo facerse esta unicamente a través do correo da Federación, federación@galizacultura.gal.

De seguido cartaz co programa completo: