Saúdo enviado á CUP polo resultado obtido nas eleccións ao Parlamento de Catalunya

Candidatura d´ Unitat Popular:
Països Catalans

Compañeir@s:

Desde Galiza a Unión do Povo Galego quere facervos chegar os seus parabéns polo importante avance das vosas candidaturas nas eleccións do domingo pasado ao Parlamento de Catalunya, uns resultados que permitirán que 10 deputados e deputadas das CUPs leven ao Parlament a voz claramente independentista e de compromiso coas clases populares.

Este avance é froito de anos de traballo de base e de presenza da xente das CUPs no tecido asociativo e en toda a xeografía do voso país, cun traballo de base recoñecido pola súa coherencia e polo seu compromiso.

O domingo Catalunya votou unha maioría independentista, e iso supón un duro golpe para o españolismo, quédavos aínda moito camiño por andar pero está claro que o paso firme e o apoio popular farán que esa Catalunya Independente non tarde en ser unha realidade.

Secretaría de Relacións Internacionais
Comité Central da Unión do Povo Galego