Saúdo enviado ao 21 Congreso do Partido Comunista da Grecia-KKE

Do 24 ao 27 de xuño celebrarase en Atenas o 21º Congreso do Partido Comunista da Grecia, congreso que ten como lema ‘Un KKE Forte. Corazón, Mente, Organizador da Loita Popular dos Traballadores baixo o Socialismo’. A UPG enviou un saúdo de amizade ao KKE desexándolle un exitoso congreso, saúdo que reproducimos a continuación:

Ao Partido Comunista da Grecia (KKE)

Camaradas!

A Unión do Povo Galego (UPG) envía os seus saúdos fraternais ao Partido Comunista da Grecia (KKE) con motivo do voso XXI Congreso convocado sob o lema ‘Un KKE Forte. Corazón, Mente, Organizador da Loita Popular dos Traballadores baixo o Socialismo’, convencidos de que os debates e conclusións alcanzados vos dotarán de novos azos para superardes os difíciles desafíos que o futuro depara.

Máis do que nunca, a unidade de acción e a solidariedade internacional son vitais para resistir e vencer ás forzas do capitalismo e do imperialismo, e atoparedes na UPG un partido irmán que defende a necesidade da soberanía nacional como primeiro paso no camiño cara ao socialismo, garantindo o dereito do povo a decidir o seu propio futuro libremente e sen inxerencias externas.

Desexámosvos os nosos mellores votos de suceso para o XXI Congreso e agardamos recibir e estudar as teses aprobadas.

Viva a solidariedade internacionalista!

 

Galiza, 9 de xuño de 2021

Secretaría de Relacións Internacionais

Comité Central

Unión do Povo Galego-UPG