Saúdo enviado ao Congreso de refundación de SORTU

Ao Congreso de Refundación de SORTU

 

Compañeir@s:

Queremos facervos chegar o saúdo da militancia da Unión do Povo Galego cando celebrades a sesión final do proceso de Refundación de Sortu, un proceso que pechades hoxe despois de meses de intenso debate no conxunto da esquerda abertzale.

Estamos certos de que os documentos aprobados pola militancia neste proceso, e o novo Consello Nacional elixido permitirán ao voso partido avanzar con paso firme cara o obxectivo de construír unha Euskal Herria independente e con xustiza social.

En Galiza sabedes que na UPG e no conxunto do movemento patriótico galego contades con compañeiros e compañeiras para andar un camiño que é común, o camiño da liberación dos povos e da edificación do socialismo.

Despedímonos reiterándovos a nosa disposición a estreitar aínda máis os lazos históricos que nos unen, ao tempo que vos enviamos un forte abrazo solidario.

Viva Euskal Herria Libre e Socialista!

Viva a solidariedade entre os Povos!

Secretaría de Relacións Internacionais

Unión do Povo Galego