Saúdo enviado ao KKE após as eleccións gregas
Ao Partido comunista de Grecia (KKE)
Camaradas:
A Unión do Povo Galego quere felicitalos polo resultado das eleccións lexislativas gregas celebradas o domingo pasado.
Seguimos a loita do povo grego con interese, conscientes das difíciles condicións que enfrontan a clase obreira e a maioría da sociedade no seu conxunto, pero tamén somos conscientes da resistencia dirixida polo KKE contra as medidas de austeridade e os ditados da Unión Europea e a troika.
Coa fraternidade dun partido comunista que loita polos dereitos do seu povo, a UPG quere aproveitar esta oportunidade para expresar unha vez máis a nosa solidariedade coa loita do povo grego.
Secretaría de Relacións Internacionais
Unión do Povo Galego-UPG

