Leitura do Alba de Groria no Pico Sacro no 20 de xullo

En 1924 Castelao visita Boqueixón e ascende ao Pico Sacro, dende o cal contempla a Galiza central e o curso do Ulla. Xa exiliado na Arxentina, volve a el simbólicamente mentres escribe o Alba de Groria.

No 2011, o se cumplir o seu 125 aniversario, a A.C. O Galo e a A.C. Vagalumes, da man da Federación Galiza Cultura quixérono conmemorar cunha subida ao Pico Sacro no sábado anterior ao Dia da Patria, lendo no seu cumio ese mesmo discurso.

Este ano celebran xa a 8 edición desta homenaxe aberta ás persoas e entidades que queiran asistir, xunto á asociación convidada este ano, a A.C. Alexandre Bóveda da Coruña. O punto de encontro é na antiga fonte do Pico Sacro ás 12 da mañá, amenizado polas integrantes do taller de declamación da A.V.C. Agra do Orzán da Coruña e coa benvida da escritora galega Marta Dacosta.

Despois do Ascenso e a leitura do Alba de Groria, haberá unha visita ás covas da raiña Lupa. O programa tamén inclúe ao remate do xantar un roteiro pólo mosteiro medieval de Camanzo, fundado no s. X, e pólo poboado mineiro de Fontao, en Vila de Cruces.

Desde a UPG animamos a participación nesta homenaxe que non só lembra a un dos precursores da Galiza moderna e do nacionalismo galego, tamén pon en valor o noso patrimonio natural e histórico, e a necesidade de coñecelo e conservalo.