Terra e Tempo (Febreiro de 1971 a Novembro de 1974)
Despois da primeira fase do Terra e Tempo, que abarca os 4 números impresos en Venezuela e México, e do número publicado no ano 1969, desde o ano 1971 desenvolve unha nova etapa da publicación que ten como características centrais a súa regularidade (4 ou 5 números por ano) e que os seus contidos abarcan aspectos doutrinais mais xa combinados con informacións de conflitos sociais e políticos onde a UPG participa como organización actuante na sociedade.