Tributo a Moncho Reboiras no aniversario do seu asasinato
A Unión do Povo Galego (UPG) vai desenvolver como todos os anos, desde fai xa 46 anos, os actos públicos de tributo a Xosé Ramón Reboiras Noia o vindeiro 12 de agosto, quinta feira, na cidade de Ferrol. Este ano 2021 no contexto sanitario no que nos atopamos por mor da Covid-19 e co obxectivo de priorizar a seguridade de todas as persoas que asistan aos actos de homenaxe, estes actos terán modificacións a respecto do formato no que estaban a desenvolverse nos últimos anos.
De tal xeito que a militancia e simpatizantes ficades convocados directamente ás 19:30h para o acto político na Praza de Armas de Ferrol (diante do Concello). Para garantir os protocolos de seguranza sanitara é preciso confirmares asistencia enviando un correo á conta nacional do Partido upg@upg.gal.
Así pois o programa deste ano 2020 será o seguinte:
Ás 19:30 h. Intervencións políticas.
Praza de Armas.
Iria Carreira. Secretaria Xeral da UMG. Deputada no Parlamento Galego.
Ramón Fernández “Mon”. Deputado no Parlamento Galego
Néstor Rego. Secretario Xeral da UPG. Deputado no Congreso.
Contaremos tamén coa actuación musical de Lucía César Veloso e Manolo Dopico
Recollemos o exemplo do camarada Moncho Reboiras no traballo de autoorganización do povo galego e proclamamos a nosa fidelidade á causa da independencia nacional da Galiza, á que o noso camarada entregou a súa vida, e convidamos o conxunto do povo galego a participar con nós nesta homenaxe.