Por unha lei galega de educación. Folga no ensino o 16 de novembro

Desde a Unión da Mocidade Galega animamos a todo o estudantado do país a secundar a folga convocada por Erguer. Estudantes da Galiza para este xoves 16 de novembro.A necesidade dunha Lei Galega de Educación, que é a principal reivindicación desta folga estudantil, é unha análise que compartimos o conxunto de organizacións do nacionalismo, como alternativa á LOMCE e ao Plan Boloña.

Tras a suspensión das reválidas o pasado curso, após seren amplamente contestadas pola comunidade educativa, neste ano escolar a LOMCE pasa sen pena nin gloria, esquecida no debate político. Unha vez eliminado o aspecto da lei que xerou máis escándalo, esta parece agora inofensiva, cando é evidente que o problema da LOMCE é de fondo: de modelo e de proxecto. As forzas políticas españolas da oposición no Congreso están a facerlle o xogo ao goberno do Partido Popular ao permitir que o debate da  LOMCE desapareza até que a lei remate entrando polo aro, e é máis que patente a ausencia de vontade de construción dun modelo educativo diferente.

É por iso que na folga do próximo 16 de novembro se reivindica a necesidade dunha Lei Galega de Educación, no que o papel da comunidade educativa para a súa elaboración sexa central, ao contrario do que aconteceu coa LOMCE, deseñada completamente de costas aos actores do ensino. Repensarmos o actual sistema, analizarmos as problemáticas do ensino galego e procurarmos como darlles resposta son condicións fundamentais para a construción dun ensino de calidade.

Tamén o é que no ámbito educativo sigamos contribuíndo a rachar coa dependencia á que se nos somete desde o Estado español, arrebatando competencias en materia de xestión de contidos para uniformizar o que estudamos co resto do Estado, creando unha sorte de pensamento oficial e erradicando todo posíbel coñecemento sobre a nosa propia situación como país, a nosa historia e a nosa cultura.

Paralelo a isto vai a redución de horas lectivas en galego no ensino, unha realidade inadmisíbel que podemos reverter a través desa Lei Galega de Educación, contribuíndo a que o ensino sexa un elemento central para a normalización do noso idioma.

En base a poñer sobre a mesa esa alternativa para o sistema educativo, Erguer. Estudantes da Galiza realizou o mes pasado un referendo sobre a Lei Galega de Educación en setenta centros de ensino do país, no que participaron máis de 8 000 estudantes e que obtivo un 94% de votos a favor da implantación desta lei como alternativa á LOMCE.

Desde a Unión da Mocidade Galega entendemos que o paso dado por Erguer ao colocar no foco do debate a necesidade dunha Lei Galega de Educación e socializala de xeito que o alumnado a comparta e realice achegas sobre como debería ser a formulación da mesma é un paso de suma importancia para o movemento estudantil nacionalista. Unha vez máis, será a través da acción directa na rúa como o estudantado reivindique unha mudanza radical para o ensino galego, nas 12 mobilizacións convocadas por Erguer. Estudantes da Galiza en múltiples comarcas do país.