A UPG condena a escalada da agresividade imperialista contra Siria

A UPG asina xunto con outros partidos comunistas e obreiros de Europa unha declaración de condena. O texto da declaración é o seguinte:

Comunicado de Partidos Comunistas e Obreiros de Europa de condena da escalada da agresividade imperialista contra Siria

Os Partidos Comunistas e Obreiros de Europa condenan a escalada da agresividade imperialista e a agudización da situación en Siria e na rexión máis ampla, despois da declaración de D. Trump, presidente de EE. UU., de bombardear Siria co pretexto da utilización de armas químicas, algo que EE. UU. fixo en repetidas ocasións no pasado.

Está a aumentarse o perigo dunha guerra xeneralizada. Os Partidos Comunistas e Obreiros expresan a súa solidariedade internacionalista co pobo de Siria e cos demais pobos da rexión e chaman á clase obreira, ás forzas populares a fortalecer a loita contra as intervencións e as guerras imperialistas da OTAN, de EE. UU. e da Unión Europea.

Os pobos non deben derramar o seu sangue polos intereses dos grupos monopolistas, pola competencia polo control dos recursos enerxéticos, as rutas de transporte, o control dos mercados e a repartición das esferas de influencia. Os pobos teñen o dereito de vivir en paz e teñen a forza de reclamar unha sociedade libre de guerras, crises, pobreza e explotación.

 

Os asinantes da declaración poden consultarse en https://inter.kke.gr/en/articles/Statement-of-the-Communist-and-Workers-Parties-of-Europe-condemning-the-escalation-of-the-imperialist-aggressiveness-in-Syria/