V Xornadas de formación Moncho Reboiras
A Unión da Mocidade Galega realizará este domingo 12 de agosto as súas V Xornadas de Formación Moncho Reboiras en Ferrol.
Un ano máis a UMG organiza na comarca de Ferrolterra as súas xornadas de formación, coa figura do camarada Xose Ramón Reboiras Noia, asasinado pola policía española vai 43 anos, como referente.
É de vital importancia que a figura do camarada Moncho Reboiras non caia no esquecemento da mocidade galega, xa que é un exemplo de compromiso militante absoluto e de traballo e amor polo noso país e polas nosas clases populares. É por isto que dende vai 5 anos a Unión da Mocidade Galega organizamos estas xornadas para avanzar na nosa formación como militantes comunistas patrióticos á vez que nos nutimos das experiencias e traxectoria de camaradas coma o que lle rendimos homenaxe este 12 de agosto.
Neste 43 cabodano do asasinato de Moncho Reboiras cremos que a súa figura é máis necesaria ca nunca. Nun contexto de regresión dos dereitos laborais e democráticos e de avance do capital imperialista, compre dotarse das ferramentas de loita, teóricas e prácticas, para revertir esta situación.
A xornada de formación deste ano achegará na figura de Moncho Reboiras a figura e o pensamento de Karl Marx, sendo este ano o bicentenario do seu nacemento. Xunto con isto trataremos o traballo sindical nacionalista dende unha perspectiva de xénero, facendo fincapé na intervención nos centros de traballo.
O programa de actividades constará do seguinte:
Domingo 12
11:30h – Presentación das V Xornadas Moncho Reboiras, a cargo de Paulo Ríos Secretario Xeral da UMG
12:00h – Presentación do Caderno a Fondo: “A vixencia de Marx”. A cargo do camarada Xabier P. Igrexas, membro do Secretariado da UPG e Responsábel de Zona da UPG en Vigo
13:00h –Intervención nos centros de traballo. Unha perspectiva de xénero. A cargo da camarada Nicolasa Castro Monteiro. Responsábel da secretaría comarcal das mulleres da CIG Ferrol
14:30h- Xantar de confraternidade en Fene. Organizado pola UPG
16:30h- Conferencia: “Vixencia da análise nacionalista na Galiza”. A cargo do camarada Francisco Rodríguez, Ex-Secretario Xeral da UPG e membro do Secretariado da UPG
19:00h- 43º Aniversario do asasinato do noso camarada Moncho Reboiras. Ofrenda floral na Rúa Terra
19:30h- Acto político da UPG no Cantón