VII Xornadas de Formación Moncho Reboiras da UMG
Os vindeiros 12 e 13 de agosto terán lugar as VII Xornadas de Formación Moncho Reboiras en Ferrolterra.
Reboiras tiña só 25 anos cando foi asasinado pola policía franquista na Rúa Terra, mais a súa traxectoria supuxo un inxente contributo de militancia e de compromiso coa nosa Patria.
Cando xa van 47 anos desde o seu asasinato, súa loita segue a ser exemplo de rebeldía e compromiso coa patria para a mocidade galega. Desde a Unión da Mocidade Galega recollemos o seu legado e traballamos para acadar a Galiza ceibe pola que Moncho Reboiras entregou a súa vida.
As xornadas terán lugar en Fene e o seu programa é o seguinte:
Venres 12
10h30. Benvida e apertura das xornadas.
11h00. Introdución ao pensamento marxista, por Duarte Correa, integrante do Secretariado Político e o Comité Central da UPG.
12h30. O comunismo patriótico: a aplicación do pensamento marxista á realidade galega, por Montse Prado, integrante do Secretariado Político e o Comité Central da UPG.
22h00. Cea de confraternidade
22h30. Festa patriótica coa actuación do Rabelo.
Sábado 13
10h30. 45 anos da Unión da Mocidade Galega, por Iria Carreira, Secretaria Xeral da UMG.
12h00. O papel da UMG nas organizacións de masas, por Paulo Ríos, ex-Secretario Xeral da UMG e de Galiza Nova, integrante do Secretariado Político e o Comité Central da UPG.
14h00. Xantar de confraternidade.
16h30. Clausura das xornadas.
Ademais, tamén participaremos nos actos organizados polo Partido, tanto no xantar popular e a conferencia de Duarte Correa “Novos desafíos no marco internacional”, coma na ofrenda e o acto político que discorrerá na cidade de Ferrol.
Anímate a participar!