Xa dispoñíbel o nº 40 do Guieiro
Poñemos á disposición pública o último número do Guieiro, voceiro da Unión da Mocidade Galega, o número 40 correspondente a xullo de 2021.
Nel poderemos atopar artigos referido ao Galego como ferramenta descolonizadora, Bitcoin e as implicacións das criptomonedas, a importancia da militancia nacionalista activa en tempos de crise social, o horizonte despois da chegada da universidade privada, formas é sementar, a soidade algo máis que unha ameaza pándemica, Ciencia e Sociedade II: a guerras das vacinas-patentes e barreiras á vida, Nova crise vellas solucións e mesmas pagadoras, Perú: síntoma de cambio, OnlyFans e a necesidade de combater novas formas de explotación sexual.
Este Guieiro xa foi presentado mediante actos públicos en diversas vilas e cidades da nosa nación.