Xa dispoñíbel o nº43 do Guiero

Poñemos á disposición pública o último número do Guieiro, voceiro da Unión da Mocidade Galega, o nº43 correspondente a xullo de 2024.

Nel contamos con artigos relativos ao movemento estudantil e a súa situación actual; Palestina e o avance da colonización; o feminismo galego na historia e a situación actual; as condicións laborais e de vida da mocidade galega; o proxecto de Altri e o seu impacto; unha entrevista ao recentemente elexido Secretario Xeral da UMG, Iago Súarez; e a para pechar un artigo da ex-secretaria xeral, Iria Carreira, sobre o reto do futuro para a mocidade organizada.

Este Guieiro xa foi presentado mediante actos públicos en diversas vilas e cidades do país, proximamente anunciaremos novas datas ao longo da nación.