Xa na rúa o nº 35 do Guieiro

Xa está na rúa o número 35 do “GUIEIRO”, o voceiro da Unión da Mocidade Galega que iniciou a súa popularización cun reparto masivo no Festigal o pasado 25 de xullo, Día da Patria Galega.

O novo número trae na capa a imaxe do grande poeta nacional Manuel María no ano no que o Día das Letras Galegas se dedica á súa vida e obra. E dende a UMG sumámonos a este recoñecemento cunha reportaxe na nosa revista. Tamén analizamos a crise das persoas refuxiadas, a precariedade laboral das mozas galegas, a vixencia do nacionalismo galego, a unión do estudantado galego, as alternativas políticas sistémicas e a desmobilización e unha entrevista co Secretario Xeral da UPG, Néstor Rego.