XIX Congreso da UMG 2024

Achegamos o documento coas resolucións do XIX Congreso da Unión da Mocidade Galega que decorreu no Casal Ferreirós en Poio, o 11 de Maio de 2024. Baixo o lema “A loita continúa”, a UMG inaugura un novo período reafirmando o seu compromiso firme cos principios do nacionalismo e do marxismo-leninismo, e en intensificar a loita pola soberanía nacional e a emancipación da clase traballadora galega.

No libro recóllense as Teses aprobadas, os Estatutos e as resolucións do Congreso. Incorpóranse tamén o discurso de apertura, de Duarte Correa; o discurso de clausura do Secretario Xeral da UMG, Iago Súarez; e o discurso do Secretario Nacional de Organización da UPG, Manel Casal. Tamén se inclúe no libro a composición do novo Comité Nacional.

GALERÍA DE FOTOS DO XIX CONGRESO DA UMG