Recollemos neste apartado o elemento que constitúen sinal de identidade básica da UPG. O seu nacemento formal tivo lugar un 25 de Xullo, Día da Patria Galega, polo que a celebración da festa maior do nacionalismo galego ten para este Partido un significado aínda maior. Aí radica o sentido de aportar información sobre as orixes desta data, tanto no seu sentido histórico (nos anos 20 do século XX) como no definitivo asentamento desta data na década dos 60.

Incorporamos tamén sendas publicacións informativas sobre a orixe e desenvolvemento da UPG, editadas nos anos 2004 e 2009, cadrando -respectivamente- co 40 e o 45 aniversario da fundación do Partido.