O IX Congreso da UPG tivo lugar en Lugo o 22 e 23 de febreiro de 1997. O lema escollido foi “Sumando razón e forzas por Galiza” Publicouse un libro que recolle as conclusións e discursos do mesmo cun saúdo de benvida de Lois Diéguez Vázquez, Secretario de Zona da UPG en Lugo, o discurso inaugural de Bautista Álvarez, Presidente da UPG, as resolucións políticas aprobadas polo Congreso e o discurso de clausura de Francisco Rodríguez Sánchez, membro do Comité Central da UPG.