Doutora en Filoloxía Románica e profesora da Universidade da Coruña.

Algúns dos seus títulos destacados como autora son: 33 aproximacións á literatura e á lingua galega (en colaboración con Xosé María Dobarro), O galego e as leis. Aproximación sociolingüística, O ensino da língua. Por un cámbio de rumo (en colaboración con Xoán Costas Casas), Sempre en galego, Direitos lingüísticos e control político, Arredor de Castelao, a edición de Rosalía de Castro de A.G. Besada ou a edición crítica da Poesía Galega de Lamas Carvajal, De fala a lingua: un proceso incacabado.

É autora de numerosos ensaios, estudos e artigos sobre sociolingüística e literatura galega.

Colaboradora da AS-PG, da Federación de Asociacións Culturais Galegas e doutras entidades internacionais, Presidenta da Federación Galiza Cultura. Foi delegada na Galiza (1985-1990) do Bureau européen pour les langues moins répandues e é membro do Comité Científico da Declaración Universal de Direitos Lingüístico e do Comité Científico do Protocolo de Donostia para a garantía dos dereitos lingüísticos.

Foi deputado polo BNG no Parlamento de Galiza entre 1989 e 2003. É membro do Comité Central da UPG e do seu Secretariado Político

Membro do Padroado da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas da que foi Directora-Xerente. Actualmente forma parte do Consello asesor da Fundación Galiza Sempre.