Presentación na Coruña do número monográfico do Terra e Tempo sobre a Revolución de Outubro

Esta quinta feira, 15 de febreiro, ás 20h na AC Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Olmos nº 16), teremos a presentación do número monográfico da revista Terra e Tempo sobre a revolución de outubro, que baixo o título “A Revolución Soviética e a cuestión nacional” analiza a estreita relación existente entre a revolución rusa, o marxismo e a cuestión nacional.

Contaremos coas intervencións de Duarte Correa, coordinador do volume e Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG.

Con este acto rematamos as presentación deste número monográfico da revista Terra e Tempo que realizamos polo conxunto da nosa nación para dar a coñecer este relevante traballo. En breve presentaremos o novo número da nosa revista.

Máis información sobre este volume monográfico sobre a revolución de outubro en : https://upg.gal/revolucion-sovietica-cuestion-nacional/