50 anos da morte do Che. Convocatoria para a constitución dun Comité Nacional Galego de conmemoración

Neste ano 2017 conmemóranse os 50 anos da presenza do Che Guevara en Bolivia e do seu asasinato nese país. Co gallo desta efeméride e por iniciativa do goberno boliviano están programadas diversas actividades tanto na propia Bolivia como a nivel internacional nun gran número de países.

Entendemos que a figura e o pensamento do Che son referentes para todas aquelas persoas, organizacións e colectivos que consideramos que a loita pola liberación nacional e o socialismo están indisolubelmente unidas. Por iso pensamos que sería positivo constituír na Galiza un Comité Nacional Galego para organizar unitariamente actividades arredor da figura do Che na conmemoración do cincuenta aniversario do seu pasamento.

Co obxecto de podermos intercambiar pareceres sobre esta proposta fica convocada unha reunión cuarta feira 19 de xullo ás 17h. na sede da UPG (Av. de Lugo 219 1º, Compostela) aberta a todas as organizacións e colectivos sociais que quixeren formar parte do Comité Nacional Galego e participar no desenvolvemento dos obxectivos expostos.