Bautista Álvarez participa no Seminario “Valores Universais: Dereitos humanos e dereitos colectivos”

Entre o 13 e o 15 de xaneiro de 2011 celebrouse unha nova edición do Seminario que organiza anualmente o Grup Blaquerna. Este foro promove un espazo de reflexión e pensamento plural do nacionalismo das Illas Baleares. Fundado en 1985 polo histórico militante da esquerda nacionalista mallorquín, Climent Garau, está vencellado á Obra Cultural Balear -o movemento social en defensa da lingua e a cultura catalá máis importante das Baleares e asociación irmán de Òmnium Cultural de Cataluña e Acció Cultural del País Valencià con quen forma a Federación LLULL, que xungue as tres entidades de reivindicaicón lingüística e cultural máis importante dos territorios de cultura catalá, os Países Cataláns. Ler máis

Saúdo ao XXIX Congreso do Partido Comunista do Uruguai

A Unión do Povo Galego agradeceu o convite para participar no XXIX Congreso do PCU, pero desgrazadamente non foi posíbel desprazarnos até Uruguai como sería o noso desexo debido á situación que se está a vivir en Galiza con importantes actuacións políticas e mobilizacións das clases populares contra as políticas que están a aplicar os gobernos galego e español non co obxectivo de buscar unha saída progresista á crise do modelo económico neoliberal, senón pola contra coa intención de que os custos da crise os asuman a clase traballadora e o conxunto das clases populares. Remitiuselles o seguinte texto: Ler máis

12 de Agosto de 2010

Con motivo de cumprirse 35 anos do asasinato de Xosé Ramón Reboiras Noia o 12 de agosto do ano 1975 a mans da policía franquista no portal número 27 da rúa da Terra en Ferrol, a Unión do Povo Galego (partido integrado na fronte patriótica Bloque Nacionalista Galego), organización onde militaba Reboiras, prepararou un acto conmemorativo na súa lembranza do que damos conta e ao que te queremos convidar.

Ler máis