Entries by UPG

Fortalecer o nacionalismo popular a camiño da soberanía

Análises e resolucións do Comité Central do Partido reunido no mes de novembro Nos últimos dous anos o BNG deu pasos importantísimos para reafirmar socialmente o perfil nacionalista, asentar -no mínimo no noso campo- o principio da autorganización e unha práctica en coherencia, consolidar a unidade interna, recuperar iniciativa e iniciar tamén a recuperación de […]

Frente á Constitución española, soberanía galega

Hai 40 anos o noso Partido, xunto coa AN-PG, desenvolveu un intenso labor para rexeitar o texto constitucional que pactaran os herdeiros do franquismo coa esquerda reformista española, PSOE e PCE. O BN-PG, que realizou a campaña do referendo sob o slogan “Contra a Constitución española e colonial, un NON galego e popular” opuxo ao […]

100 anos de nacionalismo galego

Esta fin de semana fanse 100 anos da realización en 1918 da I Asemblea Nacionalista Galega, organizada polas Irmandades da Fala na cidade de Lugo. Esta asemblea supuxo un salto cualitativo no político: a superación do rexionalismo e o primeiro paso para considerar de Galiza como un país con capacidade para decidir en todos os […]

UPG xúntase á protesta pola sentenza do Supremo a favor da banca

O BNG convoca nesta quinta feira, día 8, actos de protesta contra unha sentenza que evidencia “até que punto a xustiza está supeditada ao poder do capital, verdadeiro poder que xa nin se molesta en disimular a súa capacidade de torcer sentenzas xurídicas ao máis alto nivel”.

Saúdo enviado ao PCdoB após as eleccións celebradas o domingo en Brasil

Ao Partido Comunista do Brasil: Camaradas: Diante dos resultados das eleições celebradas no passado domingo queremos manifestar o nosso apoio, pois numas circunstâncias políticas muito complexas de avanço da extrema direita, a candidatura à presidência da aliança PT- PCdoB encabeçada por Fernando  Haddad e da que participa a  camarada  Manuela d’ Avila disputará a segunda […]

A UPG presente na festa do Partido Comunista Alemán(DKP)

Entre os días 7 e 9 de setembro, e respondendo a un convite realizado polo Partido Comunista Alemán-DKP, o noso partido participou na 20 edición da Festa que organiza o seu semanario, o Unsere Zeit-UZ. A festa que se celebrou na cidade de Dortmund e pola que nos tres días pasaron miles de persoas, contou […]

Acto de lembranza no aniversario do pasamento de Bautista Álvarez

O vindeiro sábado, 15 de setembro, a Unión do Povo Galego realizará un acto de lembranza a Bautista Álvarez co gallo do primeiro aniversario do seu pasamento, para seguir expresando  o recoñecemento a un home excepcional, a unha persoa que entregou a súa vida á causa da liberación nacional e social do povo galego e […]