Día da Patria Galega. Construíndo unha nova Galiza

Un ano máis o nacionalismo convoca ao conxunto do povo galego a celebrar colectivamente o Día da Patria Galega. Este ano o BNG convoca baixo o lema Construíndo unha nova Galiza, dandolle continuidade ao lema da recente campaña das eleccións galegas, e nunha edición moi especial xa que este 25 de xullo conmemoramos o centenario desta data senlleira auspiciada no seu comezo polas Irmandades da Fala.

Por mor do contexto da COVID-19, nesta edición o BNG organiza un Día da Patria expansivo e descentralizado nas sete cidades galegas, mais mantendo a Praza da Quintana en Compostela como punto de encontro, máis cun aforo limitado.

Ao remate dos actos nas cidades galegas, coa intervención tanto das e dos referentes locais como das e dos deputados electas, conectarase en directo coa Praza da Quintana, onde se desenvolverán as intervencións nacionais e cantarase xunto ao resto do pais o noso himno nacional.

A conmemoración vai estar acompañada dun reparto masivo da bandeira galega e, aínda que non se terá lugar a tradicional manifestación que cada ano congrega a milleiros de persoas nas rúas de Compostela, si haberá unha marcha do millar de participantes do acto posterior da Quintana que partirá da Alameda, seguindo de xeito escrupuloso as medidas de seguridade sanitaria.

Se queres participar nos actos programados para o Día da Patria tes que porte en contacto coa persoa responsábel de cada acto, que che dará as instrucións a seguir para formar parte da conmemoración destes 100 anos de loita pola soberanía do País.

Animamos ao conxunto da militancia e base social nacionalista a participar dos actos e a pendurar a bandeira da Patria na xanela, varanda ou calquera espazo exterior das súas casas.

De seguido a relación de actos e contactos:

COMPOSTELA

12.00 horas: manifestación con saída dende a Alameda. Remate na praza da Quintana con acto político.

Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 981.554.167 / compostela@bng.gal

A CORUÑA

12.00 horas: Acto político nos xardíns de Méndez Núñez.

Contacto para confirmar asistencia. Tfne. 669.381.398 / acoruna@bng.gal

FERROL

12.00 horas: Acto político no Cantón de Molíns.

Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 606.711.650 / ferrolterra@bng.gal

PONTEVEDRA

12.00 horas: Acto político no parque Rosalía de Castro.

Contacto para confirmar asistencia: Tfne 986.866.205 / pontevedra@bng.gal

VIGO

12.00 horas: Acto político na praza da Estrela.

Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 986.447.300 / vigo@bng.gal

LUGO

12.00 horas: Acto político na praza Maior.

Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 982.280.410 / lugocentro@bng.gal

OURENSE

12.00 horas: Acto político no parque Barbaña.

Contacto para confirmar asistencia: Tfne. 678.017.945 / ourense@bng.gal