Vía Galega organiza o Congreso “Recoñecemento Internacional de Galiza Nación”
Este sábado 16 de setembro no Museo do Pobo Galego en Compostela, Vía Galega organiza un congreso conmemorando o 90 aniversario da admisión e participación de Galiza no Congreso de Nacionalidades Europeas. Trátase do recoñecemento internacional de Galiza como nación por parte da Sociedade de Nacións (organización antecedente da actual ONU) e polo tanto un feito relevante da nosa historia.
Anexamos o programa do Congreso e animamos ao conxunto da militancia da UPG a inscribirse nel e a popularizalo no conxunto do pobo galego.
Máis información na páxina web de Vía Galega. Inscricións no correo: coordenadora@viagalega.gal