IV Xornadas de Formación Moncho Reboiras da UMG

Un ano máis, desde a Unión da Mocidade Galega celebramos as Xornadas de Formación Moncho Reboiras na Comarca de Ferrolterra. Este ano, as IV Xornadas terán lugar o vindeiro 11 e 12 de agosto, coincidindo co 42 aniversario do asasinato do noso camarada Xosé Ramón Reboiras Noia, polo que dende o Comité Nacional da UMG quixemos traer a colación a súa personalidade e o seu traballo. Reboiras tiña só 25 anos cando foi asasinado pola policía franquista na Rúa Terra. Malia a súa corta idade, a de Moncho é unha traxectoria marcada por un inxente contributo de militancia e de compromiso coa Patria.

Read more

Especial 40 aniversario da UMG. Xa na rúa o nº36 do Guieiro

Xa está na rúa o número 36 do “GUIEIRO”, o voceiro da Unión da Mocidade Galega, especial 40 aniversario da UMG e que iniciou a súa popularización cun reparto masivo no Festigal o pasado 25 de xullo, Día da Patria Galega.

Desta volta ten a forma dun monográfico con motivo do 40 aniversario da fundación da nosa organización. Recóllense 22 entrevistas a camaradas para facer un percorrido polo tempo e as distintas loitas e momentos na historia da UMG e do movemento nacionalista xuvenil.

Número especial do “Guieiro” polo 40 aniversario da UMG

A Unión da Mocidade Galega, UMG,  presenta este 25 de xullo, Día da Patria Galega, a nova entrega do Guieiro: O caderno de opinión e debate da Unión da Mocidade Galega.

Desta volta ten a forma dun monográfico con motivo do 40 aniversario da fundación da nosa organización. Catro décadas pasaron desde aquel 14 e 15 de agosto de 1977 no que se celebrou o Congreso Constituínte da UMG, aflorando das análises e acordos do Partido de impulsar a autoorganización da mocidade galega. A UMG como escola de militantes comunistas nacionalistas tivo sempre o obxectivo de afortalar a Unión do Povo Galego e a de construír, crear e transformar, erguendo unha Galiza desde a base, a través do impulso do Movemento Xuvenil Nacionalista, un movemento plural, socialmente vivo, activo e incidente con presenza real entre a mocidade.

Animámosvos a recoller un exemplar no posto da UMG no Festigal o 25 de xullo!

A UMG súmase á mobilización xuvenil do 24X pola independencia

A Unión da Mocidade Galega, xunto a outras organizacións xuvenís, estudantil e colectivos sociais soberanistas, vén de facer pública a manifestación xuvenil que por quinto ano consecutivo percorrerá Compostela o 24 de xullo, véspera do Día da Patria, baixo o lema ‘A mocidade na ofensiva, independencia!”. Read more

40 aniversario da UMG

Este ano 2017 cúmprense 40 anos do nacemento da Unión da Mocidade Galega, no seu Congreso Consituinte realizado o 14 e 15 de Agosto do 1977. Nace a UMG como froito das fondas análises realizadas no Partido, onde a autoorganización da mocidade galega pasou a ser clave como escola de militantes comunistas nacionalistas. Read more

III Xornadas de Formación Moncho Reboiras

Este ano cúmprense 41 anos do asasinato do noso camarada Xosé Ramón Reboiras Noia, polo que dende o Comité Nacional da UMG quixemos traer a colación a súa personalidade e o seu traballo. Read more

Xa na rúa o nº 35 do Guieiro

Xa está na rúa o número 35 do “GUIEIRO”, o voceiro da Unión da Mocidade Galega que iniciou a súa popularización cun reparto masivo no Festigal o pasado 25 de xullo, Día da Patria Galega.

Read more

Novo número do “Guieiro”, voceiro da UMG

Xa está na rúa o número 34 do “GUIEIRO”, o voceiro da Unión da Mocidade Galega que iniciou a súa popularización cun reparto masivo no Festigal o pasado 25 de xullo, Día da Patria Galega. Read more