Entries by UPG

Xa na rúa o nº 35 do Guieiro

Xa está na rúa o número 35 do “GUIEIRO”, o voceiro da Unión da Mocidade Galega que iniciou a súa popularización cun reparto masivo no Festigal o pasado 25 de xullo, Día da Patria Galega.

Reunión de traballo co Partido Comunista do Uruguay

O martes día 7 de xuño mantivemos en Vigo unha reunión de traballo co Secretario de Relacións Internacionais do Partido Comunista do Uruguay, Daniel Coira que realiza desde hai unhas semanas unha xira por distintos países de Europa co obxecto de manter contacto con distintos partidos e organizacións. Por parte da UPG asisteu á reunión […]

A UPG traslada á Fronte Polisario o seu pesar polo falecemento do Presidente da República Árabe Saharauí Democrática

Ao ter coñecemento onte do falecemento despois dunha longa enfermidade de Mohamed Abdelaziz, presidente da República Árabe Saharauí Democrática e Secretario xeral da Frente Polisario, o noso partido fixo traslado do seu pesar pola desaparición de quen foi toda a súa vida un patriota comprometido coa causa da liberdade do seu pobo. Ao tempo manifestámoslle […]

Organizar o povo para conquistar a soberanía. XIV Congreso da UPG

A Unión do Povo Galego (UPG) vai realizar o seu XIV Congreso no próximo día 22 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra sob o lema ‘Organizando o povo, construíndo a soberanía da Galiza’. O Congreso será a oportunidade de actualizarmos as análises sobre o contexto político en que debe actuar o nacionalismo, co […]

Boletín internacional Nº 7

A Secretaría de Relacións Internacional publicou o seu boletín internacional número 7  no mes de marzo, número adicado, entre outros asuntos, á XV Asemblea Nacional do BNG. O Boletín Internacional da UPG edítase en portugués, inglés e español sendo distribuído entre os partidos e organizacións internacionais coas que a UPG mantén relacións e intercambios regulares […]

A UPG asina a declaración de solidariedade co pobo venezolano

19 DE ABRIL DÍA DE ACCIÓN MUNDIAL DE SOLIDARIEDADE CON VENEZUELA Os Partidos Comunistas, Obreiros e Revolucionarios do mundo, manifestamos o noso contundente apoio, firme solidariedade e pleno respaldo ao POBO VENEZOLANO, ao Goberno do Presidente Constitucional Nicolás Maduro Moros, ao Partido Comunista de Venezuela, e ao Comité de Solidariedade Internacional (COSI) organización membro do […]