Entries by UPG

Condenamos a detención por parte de Israel da deputada palestina e dirixente da FPLP Khalida Jarrar e esiximos a súa liberación inmedita

Diante da detención no día de onte da deputada e dirixente da Fronte Popular de Liberación de Palestina Khalida Jarrar e de outr@s activistas palestinos, a UPG denuncia unha vez máis a política xenocida do estado israelí contra o povo palestino, unha actuación que Israel executa con apoio explícito duns gobernos occidentais que miran cara […]

A UPG súmase á homenaxe en Foz ao camarada Xoán Carlos González Basanta

Este sábado 1 de xullo na vila de Foz réndese unha merecida homenaxe ao noso camarada recentemente falecido Xoán Carlos González Basanta, home xeneroso e comprometido que, desde a súa militancia comunista e patriótica, dedicou a súa vida á loita por unha Galiza libre e á defensa da clase traballadora galega. Activista cultural, sindicalista da […]

En galego sen límites

O 17 de maio decorreu en Santiago de Compostela unha multitudinaria manifestación co lema En galego sen límites na que participaron miles de persoas convocadas por Queremos Galego.

O Foro Internacionalista da UPG bota a andar debullando a situación na Colombia

Con dúas palestras a cargo do xornalista e activista antiimperialista, Bruno Carvalho, decorridas nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo, botou a andar o recén creado Foro Internacionalista promovido pola Unión do Povo Galego. Os actos realizados nas librarías Pedreira e Cartabón, o 27 e o 28 de abril respeitivamente, atinxiron unha asistencia numerosa […]