O Foro Internacionalista da UPG bota a andar debullando a situación na Colombia

Con dúas palestras a cargo do xornalista e activista antiimperialista, Bruno Carvalho, decorridas nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo, botou a andar o recén creado Foro Internacionalista promovido pola Unión do Povo Galego. Os actos realizados nas librarías Pedreira e Cartabón, o 27 e o 28 de abril respeitivamente, atinxiron unha asistencia numerosa visando o interese que suscita a cuestión internacional nun contexto global de forte volatilidade. Ler máis

A Mesa presenta unha ILP polos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou no marco da súa Asemblea Xeral a Iniciativa Lexislativa Popular para a Garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

A iniciativa pretende garantir materialmente, na práctica, o exercicio pleno do dereito a usar o galego para os e as consumidoras e usuarias en todas as relacións, for na atención oral e escrita, for na información, e conta xa conta co apoio inicial de 120 persoas destacadas de diferentes ámbitos: empresariado, representantes sindicais, de organizacións de consumidoras, do ámbito académico, xurídico, do deporte e da cultura. Ler máis

UPG rende tributo á camarada Elvira Patiño

O Comité Central da Unión do Povo Galego, na reunión que decorreu no sábado (10) gardou 1 minuto de silencio en sinal de dó polo falecemento da nosa militante, Elvira Patiño, e de recoñecemento a toda unha vida de militancia e compromiso en defensa dos dereitos da clase traballadora galega, das mulleres e da liberación nacional da Galiza. Ler máis

UPG traslada ao PCC condolencias polo falecemento de Fidel Castro e reitera solidariedade co Revolución cubana

Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG, asina no libro de condolencias no Consulado de Cuba e traslada o noso pesar polo falecemento de Fidel Castro e a nosa solidariedade coa revolución cubana.

O Secretario Xeral da Unión do Povo Galego, Néstor Rego, en comunicación encamiñada ao Presidente da República e Primeiro Secretario do Partido Comunista de Cuba, Raúl Castro, transmitiu ao PCC e ao pobo cubano o máis fondo pesar pola desaparición física do Comandante Fidel Castro así como a plena solidariedade coa Revolución cubana. Ler máis

Condenamos o golpe, solidarizámonos co povo brasileiro

A decisión adoptada hoxe polo Senado brasileiro de destituír a Dilma Rousseff é o acto final dun golpe de estado institucional que busca poñer fin á democracia no Brasil. Dilma Rousseff non deixa a presidencia do seu país por decisión do pobo;  son a reacción, a oligarquía e a dereita  quen moven os fíos deste golpe de estado en alianza co imperialismo. Ler máis