Condenamos o golpe, solidarizámonos co povo brasileiro

A decisión adoptada hoxe polo Senado brasileiro de destituír a Dilma Rousseff é o acto final dun golpe de estado institucional que busca poñer fin á democracia no Brasil. Dilma Rousseff non deixa a presidencia do seu país por decisión do pobo;  son a reacción, a oligarquía e a dereita  quen moven os fíos deste golpe de estado en alianza co imperialismo. Ler máis

Posición da UPG ante a decisión de impedir a participación de Otegi nas eleccións bascas

A decisión da Xunta Electoral de impedir a participación de Arnaldo Otegi como candidato de EH Bildu nas próximas eleccións bascas é claramente de índole política e contraria aos máis elementais principios democráticos. Nun contexto de normalización política en Euskal Herria co fin da violencia, ao que Arnaldo Otegi ten contribuído, a prohibición de participación do líder abertzale carece de sentido como non sexa precisamente tentar entorpecer ese proceso. Os mesmos que antes dicían que sen violencia se podería falar de todo fechan agora a porta á democracia, pois nun sistema verdadeiramente democrático nunca poderían decidir os tribunais o que deben decidir as urnas. Ler máis

A UPG reivindica o compromiso de Reboiras e aposta en superar o marco autonómico

  • O Partido realizou a homenaxe no 41 aniversario do seu asasinato a mans da policía española.
  • O secretario xeral, Néstor Rego, cualificou de “imperiosa” a necesidade de Galiza decidir por si propia.

A Unión do Povo Galego (UPG) rendeu, máis un ano, homenaxe ao camarada Xosé Ramón Reboiras Noia, asasinado pola policía franquista o 12 de agosto de 1975. Cadrando co 41 aniversario da súa morte o Partido desenvolveu varios actos para reivindicar o compromiso militante patriótico e comunista de Moncho Reboiras. Ler máis

Reunión de traballo co Partido Comunista do Uruguay

O martes día 7 de xuño mantivemos en Vigo unha reunión de traballo co Secretario de Relacións Internacionais do Partido Comunista do Uruguay, Daniel Coira que realiza desde hai unhas semanas unha xira por distintos países de Europa co obxecto de manter contacto con distintos partidos e organizacións. Por parte da UPG asisteu á reunión Duarte Correa, Secretario de Relacións Internacionais da UPG. Ler máis

A UPG traslada á Fronte Polisario o seu pesar polo falecemento do Presidente da República Árabe Saharauí Democrática

Ao ter coñecemento onte do falecemento despois dunha longa enfermidade de Mohamed Abdelaziz, presidente da República Árabe Saharauí Democrática e Secretario xeral da Frente Polisario, o noso partido fixo traslado do seu pesar pola desaparición de quen foi toda a súa vida un patriota comprometido coa causa da liberdade do seu pobo. Ao tempo manifestámoslle unha vez máis ao irmán pobo saharauí a nosa solidariedade e todo o noso apoio na súa loita contra o ocupante marroquí e pola creación dunha nación libre no seu propio territorio. Ler máis