Aclaracións en relación coa difusión de tres artigos de Bautista Álvarez

Foron difundidos nas redes, e por outros medios, tres artigos de opinión de Bautista Álvarez acompañados de dúas cartas en que afirma que existe ‘censura’ ás súas opinións políticas polo feito de eses artigos non ter sido publicados na revista dixital Terra e Tempo, dependente da Fundación que presidía e que leva o seu nome. En relación con isto, e dado que é directamente aludida nas comunicacións, a Unión do Povo Galego (UPG) quere esclarecer o seguinte: Ler máis

Saúdo enviado ao 21 Congreso do DKP

Ao 21 Congreso do

Partido Comunista Alemán


 

Camaradas:

A Unión do Povo galego quere facerlles chegar o seu máis afectuoso saúdo cando celebran o seu 21 Congreso.

O Partido Comunista Alemán-DKP encara este congreso nun momento no que a nivel planetario o imperialismo está a acometer unha ofensiva cada vez máis agresiva e militarista, mentres en Europa seguen a darse recortes de dereitos sociais e democráticos da clase traballadora e do conxunto das clases populares nunha política definida pola Unión Europea. Ler máis

Saúdo enviado pola UPG ao 17 Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Operarios

Ao 17 Encontro Internacional de Partidos

Comunistas e Operarios.

Estambul. Turquía

Camaradas:

Queremos facer chegar aos partidos que participan no 17 Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Operarios o noso saúdo, seguros de que serán importantes e útiles, para os partidos comunistas participantes e para os que seguimos con atención o desenvolvemento dos distintos Encontros e temos intención de integralos nun futuro próximo, as achegas e os debates que se realicen nas tres xornadas de traballo. Ler máis

Saúdo enviado a Poble LLiure após as eleccións ao Parlamento de Catalunya

A Poble Lliure:

Camaradas,
Recibide os nosos parabéns polos resultados obtidos nas eleccións ao Parlamento catalán do pasado domingo 27 de setembro pola Candidatura d´ Unitat Popular, organización da que vós formades parte. Uns resultados que supoñen un importante apoio ao traballo que desde hai anos desenvolve a CUP de articulación dunha proposta política independentista e popular para os Paises Cataláns. Ler máis

Saúdo enviado á CUP polo resultado obtido nas eleccións ao Parlamento de Catalunya

Candidatura d´ Unitat Popular:
Països Catalans

Compañeir@s:

Desde Galiza a Unión do Povo Galego quere facervos chegar os seus parabéns polo importante avance das vosas candidaturas nas eleccións do domingo pasado ao Parlamento de Catalunya, uns resultados que permitirán que 10 deputados e deputadas das CUPs leven ao Parlament a voz claramente independentista e de compromiso coas clases populares. Ler máis