50 anos de loita e un proxecto de futuro para a Galiza

Compartimos o documento elaborado no 50 aniversario da UPG

A Unión do Povo Galego (UPG) vén de facer 50 anos de existencia. Medio século de loita constante en prol dun único obxectivo: unha Galiza libre e sen explotación. Un obxectivo que sabemos difícil e complexo. Nada máis e nada menos que o de romper con 500 anos de dominación colonial sobre o noso País, de conquistar a independencia nacional e de construír na nosa patria unha sociedade radicalmente nova, xusta, libre, democrática, igualitaria, unha sociedade socialista. Ler máis

Nos 70 anos da vitória sobre o nazi-fascismo

A libertação de Berlim pelas tropas soviéticas, em Maio de 1945, assinala a vitória dos povos na II Guerra Mundial e a derrota do nazi-fascismo – a mais violenta forma de dominação de classe gerada pelo capitalismo e causa directa da guerra e da morte de dezenas de milhões de seres humanos. Ler máis

Solidariedade co pobo venezolano

Santiago de Compostela; 15 de abril de 2015. Ante a nova ofensiva do imperialismo contra a República Bolivariana de Venezuela a Unión do Povo Galego quere facer público unha vez máis o seu apoio ao povo venezolano, ao lexítimo presidente Nicolás Maduro e ás forzas patrióticas e revolucionarias que loitan por afondar no proceso revolucionario bolivariano na soberanía e na construción dunha sociedade máis xusta. Ler máis

A UPG presente en México no XIX Seminario Internacional “Os partidos e a nova sociedade”

Os días 12, 13 e 14 deste mes de marzo, celébrase na cidade de México o Seminario Internacional “Os partidos e a nova sociedade” que  desde hai 19 anos analisa a situación internacional e a función das organizacións políticas na construción de sistemas sociais alternativos ao capitalismo. Neste importante foro de debate e reflexión participan representantes de gobernos, organizacións políticas e sociais, analistas internacionais, intelectuais e estudosos de moi diversas materias. Ler máis

Solidariedade con ASKAPENA e cos cinco internacionalistas vascos

A Unión do Povo Galego quere facer público o seu apoio aos cinco internacionalistas vascos aos que a fiscalía pide seis anos de cadea por traballar pola solidariedade entre os povos. Tamén queremos amosar o noso rexeitamento á petición de ilegalización de Askapena a organización internacionalista vasca que leva 27 anos traballando por estreitar os lazos entre o povo vasco e outros povos do mundo Ler máis