A UPG asina un comunicado, xunto a 75 Partidos de todo o mundo, contra o ataque militar imperialista a Siria

A UPG é un dos 75 Partidos de todo o mundo que asinan un comunicado contra o ataque militar imperialista a Siria, o texto é o seguinte:

Os Partidos Comunistas e Obreiros expresamos a nosa solidariedade co pobo sirio e condenamos o ataque militar contra Siria que está a ser preparado polos imperialistas da EE.UU., da OTAN e da UE xunto cos seus aliados para a promoción dos seus intereses na rexión.

Rexeitamos os pretextos imperialistas que, como se demostrou, foran utilizados tamén na guerra contra Iraq e nas demais guerras imperialistas contra Iugoslavia, Afganistán e Libia.

Chamamos á clase obreira, aos pobos en todo o mundo para combater e condenar a nova guerra imperialista, esixir que os gobernos dos seus países non se impliquen nin apoien o ataque militar criminal.

Homenaxe a Reboiras no 38 aniversario do seu asasinato

Neste 2013 a Unión do Povo Galego vai homenaxear como todos os anos ao noso camarada Moncho Reboiras, asasinado en Ferrol o 12 de agosto de 1975. Os actos públicos convocados consistirán nunha ofrenda floral ás 19 horas no portal da rúa da Terra onde foi abatido e un acto político inmediatamente despois, ás 19:30 horas, na Alameda do Cantón. Desta volta para convocar os mesmos decidimos espallar por toda a Galiza a publicación da vida de Reboiras a través dun relato en Banda Deseñada que permitira un achegamento didáctico á contribución deste militante nacionalista á causa do país. O traballo, realizado grazas ao recoñecido ilustrador gráfico Tokio, está editado en formato papel e disponíbel tamén en dixital.

Ás 7 da tarde haberá unha concentración diante da Casa do Concello de Ferrol para saír cara o portal da rúa da Terra Ler máis

Conclusións da Conferencia Nacional da UPG

A Unión do Povo Galego realizou unha Conferencia Nacional o pasado sábado, 19 de xaneiro de 2013. A Conferencia quería propiciar unha análise dentro do Partido sobre o momento actual do nacionalismo galego. Despois de que rematase a primeira fase de debate no seo do BNG -ao longo de decembro e primeiras semanas de xaneiro-, tamén quixemos contribuír colectivamente para o suceso dese proceso de reflexión que concluirá na próxima Asemblea Nacional.

Ler máis

Boletín Internacional nº 3

A altura de Marzo de 2011, a Secretaría de Relacións Internacionais da UPG editou o número 3 do seu “Boletín Internacional” e fixoo chegar a varias ducias de organizacións e partidos cos que a Unión do Povo Galego mantén intercambios regulares de información. Este boletín, do que tamén se fixeron edicións en inglés e español, céntrase en analizar as alternativas lanzadas polo sindicalismo nacionalista ante a situación socio-económica de Galiza.

Autocolante de 1967

A caída do ano 1967

A historia dunha forza política como a Unión do Povo Galego, que nace e medra na clandestinidade, neste caso na oposición ao fascismo, é necesariamente unha historia de represión e sufrimento. Unha páxina destacada nesta crónica de loita e terror vai ser o reparto masivo de propaganda esixindo a liberdade para Galiza e a detención de varias ducias de galegos no Nadal de 1967. Sirvan estas letras para clarificar algúns dos feitos da vida do Partido, fuxindo da categoría de anécdota, agardando que contribúan a ir construíndo a historia do mesmo, tarefa até hoxe postergada, unhas veces polo recato, outras polo desleixo e as máis polo sectarismo de quen gozan co monopolio da sapiencia sobre o tema.

Ler máis

Na defensa da Terra! (As Encrobas, Xove, Baldaio)

O 22 de abril celébrase o Día Internacional da  Terra. Non é ese o motivo polo que hoxe publicamos na web o audivisual “Na defensa da terra”.  Trátase dun video realizado en formato VHS pola Unión do Povo Galego en  novembro de 1994, a partir de imaxes do arquivo da UPG e  que foron filmadas en super 8 por Carlos Varela (1945-1980).

Ler máis

[ Asasiños ] de Xaime Quesada e XosŽé Luís de Dios (1972?)

Non no meu nome! Paremos a agresión imperialista sobre Libia!

[ Asesiños ] cadro atribuído a Xaime Quessada e XosŽé Luís de Dios (1972?)A Secretaría de Relacións Internacionais da Unión do Povo Galego (UPG) amosa a súa solidariedade cos levantamentos populares que se están a desenvolver en diversos países do norte de África e do Oriente Medio e que supoñen a concretización do desexo deses povos de acadar a democracia e unhas condicións de vida dignas. Mais, do mesmo xesto, non podemos ficar impasíbeis fronte á nova agresión imperialista cometida con Libia.

Ler máis