A UPG é un dos partidos asinantes dunha declaración de solidariedade co povo chipriota cando se cumpren os 40 anos da ocupación de parte do seu territorio

Declaración de solidariedade dos partidos comunistas, obreiros e progresistas pola liberación e a reunificación de Chipre, con motivo do cuadraxésimo aniversario do golpe de Estado , a invasión turca e a ocupación.

– Lembrando que hai corenta anos, en xullo de 1974, a xunta militar de Atenas e o fascista EOKA-B foron tramando un golpe de Estado contra o Presidente electo da República de Chipre, o arzobispo Makarios III, Ler máis

Paremos o xenocidio do Povo Palestino

A Unión do Povo Galego condena a actuación xenocida do goberno sionista de Israel contra o povo palestino na franxa de Gaza, unha actuación que se enmarca  na decisión de Israel de impedir cun baño de sangue inocente que Palestina poida convertirse en estado independente exercendo o seu lexítimo dereito de autodeterminación. Ler máis

A UPG mantén a vixencia do seu ideario no acto político polo seu 50 aniversario. Reafirma a súa aposta na soberanía e na conquista da República Galega, co BNG como referencia.

Un acto político, no que tamén houbo lugar para as emocións, foi o formato utilizado para celebrar o cincuenta aniversario da UPG, que se cumpre este 25 de Xullo e que festexou no Pazo de Congresos de Compostela, ante perto de 1000 persoas entre militantes e simpatizantes. Ler máis

50 aniversario da UPG

A Unión do Povo Galego, UPG, fará o próximo 25 de xullo, Día da Patria Galega, 50 anos de existencia ao servizo de Galiza e do povo galego. Con tal motivo realizarase un acto político e de confraternidade, para conmemorarmos tan simbólica data e preparármonos con novos azos para os retos que agardan ao movemento nacionalista galego. Ler máis

A UPG participará no XVIII Seminario Internacional que organiza o Partido do Traballo de México

A UPG asistirá unha vez máis ao “Seminario Internacional Los Partidos y la nueva Sociedad”, que desde hai XVIII anos organiza en Cidade de México o Partido do Traballo de México. Neste evento que ten por obxectivo reflexionar desde un punto de vista progresista e anti-imperialista sobre a realidade internacional participan organizacións políticas, sindicais e sociais e intelectuais dos cinco continentes.

O temario a desenvolver neste seminario internacional estará composto de tres grandes bloques:
Nun primeiro analizarase a crise internacional dende a perspectiva dos recursos naturais e enerxéticos. Un segundo bloque onde se debatirá sobre construción, balance e perspectivas dos procesos de integración rexional, a súa vinculación aos proxectos alternativos de nación, así como ao poder popular e a integración social. E finalmente un terceiro bloque centrado en temas de coxuntura, concretamente nos novos procesos mundiais de redefinición xeoeconómica e xeopolítica e os problemas de colonialismo e neocolonialismo no mundo.