24 de febreiro, Dia de Rosalía de Castro

Mañá 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do seu nacemento, celébrase o Día de Rosalía de Castro. A efeméride foi proposta e institucionalizada por iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG, e paseniñamente vaise consolidando no calendario nacional galego. Exemplo práctico, polo tanto, de que o traballo social máis alá do político-electoral tamén da froitos. Ler máis

Análise da situación política. Resolucións do Comité Central.

O nacionalismo ten de enfrontar nos próximos meses unha situación especialmente complexa do punto de vista social, económico e político. Unha situación marcada pola virulencia da pandemia da COVID-19 mais tamén pola actuación das diferentes administracións quer en materia sanitaria quer no ámbito das decisións políticas, económicas e sociais. Ler máis

A CIG convoca mobilizacións para esixir unha saída galega xusta da crise

Desde o mes de outubro a CIG ven desenvolvendo unha campaña na que demanda unha saída galega e xusta da crise. Como parte desta campaña, a central nacionalista convoca unha xornada de mobilizacións para o domingo 7 de febreiro para esixir políticas que permitan encetar unha auténtica recuperación económica e social e camiñar cara a unha situación de emprego, salarios, pensións e condicións de traballo dignas na Galiza. Ler máis

Saúdo ao XIII Congreso do Partido Comunista do Vietnam

Entre os días 25 de xaneiro e 2 de febreiro celébrase en Ha Noi o XIII Congreso Nacional do Partido Comunista do Vietnam, nun marco condicionado pola Covid-19 e que terá importantes repercusións no futuro, pero no caso de Vietnam hai que dicir que foron quen até o momento de adoptar medidas que que o levan a ser nestes momentos un dos países nos que a pandemia está a ter menores consecuencias na saúde da súa poboación e no seu desenvolvemento económico. Ler máis

A batalla de Meirás

Este xoves, día 10 de decembro, o pazo de Meirás pasará ao patrimonio público 82 anos despois, como consecuencia da execución provisional da sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña que lles condenou á súa devolución. Ler máis