1º de maio. Por unha saída galega xusta da crise

A CIG conmemora este ano o Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, cun total de 16 manifestacións e concentracións –a central en Vigo-, en todas as cidades e en múltiples vilas da xeografía de galega baixo o lema “Por unha saída galega xusta da crise”. Un lema que, segundo explicou o secretario xeral, Paulo Carril, resume as principais demandas da central sindical para enfrontar a crise económica que viñamos padecendo, agudizada agora pola pandemia. Ler máis

Saúdo ao 8º Congreso do Partido Comunista de Cuba

Entre o 16 e o 19 de abril celébrase na cidade da Habana o 8º Congreso do Partido Comunista de Cuba. Baixo o lema “O Congreso da continuidade histórica da Revolución Cubana”, o PCC márcase como principais obxectivos actualizar a conceptualización do Modelo Económico e Social Cubano de Desenvolvemento Socialista,e avanzar no proceso de renovación das estruturas de dirección partidaria. Ler máis

Manifestación nacional “Galiza Nación. Un Pobo con dereitos”

Vía Galega, plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, convoca unha manifestación nacional que terá lugar o domingo, 18 de abril, baixo o lema “Galiza nación. Un pobo con dereitos”. Sairá ás 11.30 da Alameda compostelá e rematará na Praza da Quintana, observando todas as normas estabelecidas como consecuencia do COVID-19. Será a culminación da campaña que ao longo de seis meses Vía Galega estivo levando a cabo por todo o país. Ler máis

33.000 sinaturas para unha canle infantil e xuvenil en galego na CRTVG

A Mesa pola Normalización Lingüística entrega no Parlamento de Galiza máis de 33000 sinaturas en apoio da Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular para instar ao goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada para todos os dispositivos e que conte ademais con programas e xogos. A iniciativa tamén insta tamén a que toda a programación televisiva, incluídas as plataformas e TVE, teñan versión en galego orixinal, dobrada ou lexendada.   Ler máis

Diante das eleccións no Ecuador

O vindeiro domingo celébrase a segunda volta das eleccións presidenciais no Ecuador, e tendo en conta a situación de tensión que se vive nese país desde o pasado mes de febreiro, cando se celebrou a primeira volta na que quedou en primeiro lugar a candidatura encabezada por Javier Arauz, non sería estraño que se volveran repetir actuacións desestabilizadoras que cuestionen o resultado electoral, caso de que este non responda aos deseños do imperialismo e un novo goberno volva situar o país a carón doutros da rexión que defenden a soberania e políticas favorábeis ás maiorías fronte ao neoliberalismo. Ler máis

Condenamos a persecución do goberno turco contra o Partido Democrático dos Pobos-HDP

Diante da información sobre a petición de ilegalización do Partido Democrático dos Pobos-HDP proposta pola fiscalía turca, e da detención nos últimos días de varias decenas de cargos públicos e dirixentes dese partido, queremos amosar publicamente o noso rexeitamento á actuación represiva do goberno turco, que vulnera os dereitos políticos dun partido que é o terceiro do estado turco e contou co apoio de oito millóns de votantes en 2018. A petición de ilegalización do HDP inclúe ademais a prohibición de que 687 dirixentes e cargos institucionais do HDP poidan realizar actividade política durante cinco anos. Ler máis