A batalla de Meirás

Este xoves, día 10 de decembro, o pazo de Meirás pasará ao patrimonio público 82 anos despois, como consecuencia da execución provisional da sentenza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña que lles condenou á súa devolución. Ler máis

Orzamentos do estado: “O BNG representa aquí a dignidade e a firmeza en defensa dos intereses de todos os galegos e galegas”

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, defendeu o voto en contra do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 aprobado no Congreso, unhas contas “que castigan o noso País cunha baixada de 104 millóns de euros en relación aos orzamentos do PP de 2018” e salientou que “a firmeza nacionalista en defensa dos intereses dos galegos e galegas é fundamental para que nos próximos orzamentos non se repita esta discriminación”. Ler máis

Condenamos a agresión policial contra o KKE

O pasado martes, cando participaban nunha mobilización en lembranza dunha importante mobilización en 1973 contra a ditadura fascista, militantes e dirixentes do Partido Comunista de Grecia foron brutalmente agredidos pola policía cun número importantes de manifestantes feridos e decenas de arrestados.


Transcribimos a nota de solidariedade enviada pola UPG AO KKE:

Ao Partido Comunista de Grecia

Camaradas:

Temos coñecemento do ataque inxustificado sufrido o 17 de novembro por militantes e dirixentes do seu partido, incluído o seu Secretario Xeral, con agresións e detencións cando participaban nunha mobilización conmemorativa dunha acción fundamental na loita do pobo grego contra o fascismo, o 47º aniversario da revolta no Politécnico.

Coa desculpa da pandemia tentan eliminar todas as disidencias e todos os actos reivindicativos, sabemos isto ben porque na Galiza as autoridades prohibiron varias mobilizacións de traballadores durante estes meses.

Transmitímoslles o noso apoio solidario e a nosa denuncia da brutal acción policial ordenada polo goberno da Nova Democracia, e animámolos a continuar firmes na loita.

 
Galiza; 19 de Novembro de 2020
Secretaría de Relacións Internacionais
Unión do Povo Galego-UPG

Galiza quere galego

Ás 8 da tarde do luns a Mesa pola Normalización Lingüística encabezou unha manifestación virtual para reclamar ao presidente da Xunta que cumpra coas súas funcións e defenda a lingua de Galiza, sob o lema “Señor Feixoo: combata o coronavirus e non o galego”. Ler máis