Cen anos da “Revista Nós”

Tal día coma hoxe, hai 100 anos, o 30 de outubro de 1920, saia do prelo o primeiro número da Revista Nós.

A revista impulsada por Castelao, Vicente Risco, Ramón Cabanillas e Antón Losada Diéguez, foi ideado por Castelao e bebe da páxina que en 1918 viña publicando o xornal coruñés El Noroeste, con cabeceira debuxada por el mesmo.

Nas súas páxinas falouse de literatura, lingua, política, arte, etnografía, filosofía e ciencias das máis variadas; tratando temas que nunca antes foran abordados en galego, en diálogo directo coas liñas estéticas máis innovadoras que imperaban na Europa do momento, combinando así dous polos que tan só na aparencia se presentaban como opostos: o nacionalismo e o universalismo.

O derradeiro número, o 144, viu a luz poucos días antes do golpe de estado do 36. A Asociación de Escritores da Galiza dedicáballo a Ánxel Casal, mais tivo pouco percurso xa que a imprenta de Casal foi queimada uns días despois polos sublevados, interrompéndose así a publicación da revista.

O nacemento da Revista Nós marcou un fito imprescindíbel para entender a cultura galega moderna.

O povo chileno abriu as grandes alamedas

A Unión do Povo Galego felicita ao povo de Chile, á súa clase traballadora e ao conxunto das clases populares polo resultado do Plebiscito Constitucional realizado o pasado domingo;  un resultado que permite iniciar o camiño cara á construción dunha verdadeira democracia deixando atrás o  pinochetismo presente na actual constitución.

O resultado do domingo coa decisión de que a nova constitución saia dun proceso constituínte supón, utilizando as palabras de Salvador Allende, que se abriron as grandes alamedas e por elas transitan os homes e mulleres libres para construír unha sociedade mellor.

O 19 de outubro de 2019 o pobo dixo “Basta!”, iniciándose un período de mobilizacións contra as políticas neoliberais que son responsábeis das desigualdades e  da miseria; mobilizacións que foron reprimidas duramente, regando de sangue as rúas. Pero esa represión non acovardou ao Chile digno que se enfrontara durante anos á sanguinaria ditadura de  Pinochet. A mobilización intensificouse e o resultado do plebiscito é a resposta do pobo á represión e ao novo  pinochetismo.

Desde Galiza animámolos a seguir dando pasos, para que a Constituínte represente os intereses das clases populares e poidan contar cunha nova Constitución que sirva de panca para acometer as transformacións democráticas, políticas e económicas necesarias para encarar a senda da soberanía plena, o progreso e a construción dunha sociedade máis xusta.

 

Saúdo enviado polo noso partido ao Partido Comunista do Chile-PCCh  e ao Movemento de Esquerda Revolucionaria-MIR

Un NON ao fascismo, un SI ás liberdades públicas e aos dereitos democráticos de todas e todos

Texto da intervención no Congreso sobre a moción de censura presentada por Vox

Por se alguén aínda non o sabía, vostedes hoxe aquí reafirmaron que son un partido totalitario e fascista. Fixérono coa totalidade dos seus discursos e fíxoo o candidato afirmando, máis unha vez, que este goberno é o peor en 80 anos, asumindo por tanto como positivos o goberno de 40 anos de ditadura criminal fascista, que supuxo non só pobreza, miseria e falta de liberdade senón tamén prisión, tortura e morte para todas as persoas que disentían e que defendían algo tan elemental como a dignidade e a liberdade. Na Galiza, máis de 6.000 persoas asasinadas, a maioría aínda nas cunetas. Ler máis

Saudamos a vitoria das forzas progresistas en Bolivia

A  Unión do Povo Galego quere trasladar a súa felicitación ao povo de Bolivia, ás súas clases populares e aos pobos orixinarios polo gran resultado na eleccións presidenciais celebradas o pasado domingo; resultados que supoñen o triunfo en primeira volta do binomio do Movemento ao Socialismo-IPSP conformado por Luís Arce e David  Choquehuanca, e a obtención da maioría nas dúas cámaras da Asemblea Lexislativa Plurinacional, candidaturas que contaban co apoio das distintas forzas progresistas e de esquerdas.

O regreso do MAS-IPSP ao goberno supón un duro golpe para unha extrema dereita, que no pasado mes de novembro tentou pola forza das armas poñer fin a un proceso político que encabezado por Evo Morales desde 2006 devolveu a capacidade de decisión sobre o seu futuro ao povo, mellorando as súas condicións de vida e rompendo coa dependencia dos intereses da oligarquía e do imperialismo.

Ábrese un novo período de gran ilusión no que será posíbel recuperar a senda da soberanía e o progreso, un período no que Bolivia precisa de seguir contando coa nosa solidariedade, pois o imperialismo recibiu un duro golpe pero manterá o seu empeño, e empregará todos os medios ao seu alcance para acabar co novo proceso que se abre.

Finalmente queremos reiterar ao MAIS-IPSP e ao PCB o noso apoio e disposición a estreitar a colaboración entre as nosas organizacións.

Compostela; 19 de outubro de 2020
Secretaría de Relacións Internacionais

Avalación dos resultados electorais e liñas de traballo a desenvolver. Resolucións do Comité Central.

É claro que o nacionalismo saíu moi reforzado das pasadas eleccións galegas, após o grande resultado electoral do BNG. Analizar correctamente as chaves dese resultado é fundamental para acertar tamén nos próximos pasos a dar. Co obxectivo de contribuír para que o nacionalismo continúe avanzando e fortalecéndose, o Comité Central da UPG debateu e tirou as seguintes conclusións: Ler máis

A Mesa lanza a campaña “Iniciativa Xabarín” por unha canle infantil e xuvenil en galego na TVG

A Mesa por la Normalización Lingüística lanzou una Iniciativa Popular para que a TVG aumente a súa programación infantil e xuvenil en galego a través dunha canle “Xabarín”, dispoñíbel en todas as plataformas de contidos audiovisuais así como App actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir contidos educativos e de produción galega.

Ler máis