Non á estafa da luz. Concentracións o 19 de setembro convocadas pola CIG

A CIG ten convocadas para o vindeiro domingo, día 19 de setembro, un total de 20 concentracións en cidades e vilas de toda Galiza baixo o lema “NON Á ESTAFA DA LUZ, Recuperación das Centrais Hidroeléctricas, Tarifa Eléctrica Galega”. A central sindical fai un chamamento, ao que nos sumamos como UPG, a participar nestas mobilizacións diante do imparábel medre da factura da luz e a impunidade coa que actúan as eléctricas pero, sobre todo, tal e como denunciou o secretario xeral, Paulo Carril, diante do “nulo papel que tanto o goberno galego como o español están a facer para  garantir, con políticas públicas, o acceso á electricidade do conxunto do pobo en condicións asequíbeis”. Ler máis

Tributo a Moncho Reboiras no aniversario do seu asasinato

A Unión do Povo Galego (UPG) vai desenvolver como todos os anos, desde fai xa 46 anos, os actos públicos de tributo a Xosé Ramón Reboiras Noia o vindeiro 12 de agosto, quinta feira, na cidade de Ferrol. Este ano 2021 no contexto sanitario no que nos atopamos por mor da Covid-19 e co obxectivo de priorizar a seguridade de todas as persoas que asistan aos actos de homenaxe, estes actos terán modificacións a respecto do formato no que estaban a desenvolverse nos últimos anos. Ler máis

Día da Patria Galega, por unha Galiza sen límites

Un ano máis o nacionalismo convoca ao conxunto do pobo galego a celebrar colectivamente o Día da Patria Galega. Este ano o BNG convoca baixo o lema “Galiza sen Límites”. Sen límites ás nosas aspiracións como pobo, sen límites ao noso camiño cara á autodeterminación, sen límites á nosa soberanía nacional. Temos que aspirar a todo en todos os ámbitos, con capacidade para decidir por nós e para nós: o pobo galego. Ler máis

A nosa solidariedade co pobo cubano

Diante dos acontecementos dos últimos días na República de Cuba a UPG quere facer pública a súa solidariedade co pobo cubano, que enfronta unha situación complexa derivada do agravamento da pandemia e dos problemas económicos, provocados fundamentalmente polos efectos do bloqueo. Esa delicada situación leva a unha lóxica preocupación na súa poboación, preocupación que como pode acontecer en calquera outro país, levou a desenvolver protestas puntuais. Situación que como está demostrado foi aproveitada por sectores minoritarios contrarios á revolución, teledirixidos e financiados desde os EUA, para desenvolver unha intensa campaña que busca a desestabilización do país. Ler máis

Condenamos o intento de ilegalizar o DKP

O Partido Comunista Alemán-DKP está a atravesar un momento moi delicado, diante da ameaza por parte das autoridades alemás de retirarlle a condición de partido político legal, o que lle impediría participar nas eleccións federais do vindeiro mes de setembro, nas que o DKP ten previsto concorrer con candidaturas en 11 estados.

Hai que sinalar que, de levarse a termo esta ameaza, estaríamos diante da terceira ilegalización dos comunistas en Alemaña; o primeiro partido comunista, o KPD, que tiña orixe nas Liga Espartaquista fundada por Karl Liebknecht, Rosa Luxemburgo e Clara Zetkin foi ilegalizado polo réxime nazi; reconstituíuse despois da segunda guerra mundial e en 1956 volveu a ser ilegalizado na República Federal Alemá. O actual Partido Comunista Alemán-DKP fundouse en 1968.

O goberno alemán ameaza ao DKP coa ilegalización facendo uso da lexislación de asociacións dese país que é moi rigorosa e complexa para un partido político pequeno. Pero o Partido Comunista Alemán-DKP até o momento non incumpriu esa lei, e por tanto considera que a ilegalización sería unha medida totalmente arbitraria e demostraría que hai unha clara persecución contra a esquerda, e en concreto que se busca por parte das autoridades impedir que o pobo alemán poida coñecer as propostas políticas dos e das comunistas.

Diante deste grave ataque a UPG enviou unha mensaxe de solidariedade ao DKP, que transcribimos a continuación.

Ao Partido Comunista Alemán

Camaradas:

Trasladámoslles a solidariedade do Comité Central e de toda a militancia da Unión do Povo Galego, diante da posibilidade de que se  lles impida participar nas eleccións federais do mes de setembro, e diante da ameaza de perda do status de partido político leqal do DKP.

Consideramos que estamos diante dun grave ataque contra o dereito dos e das comunistas de Alemaña a defender o seu ideario político, e de producirse a ilegalización do DKP sería volver en Alemaña aos tempos da ditadura nazi e ás actuación de Adeanuer en plena guerra fría.

Esiximos das autoridades alemás que cesen de inmediato os ataques  ao Partido Comunista Alemán,  e que deixen de buscarse escusas burocráticas que só serven para agachar a intención da dereita de eliminar a discrepancia política criminalizando ás forzas de esquerda e especialmente aos e ás comunistas.

O DKP ten demostrado desde a súa creación o seu compromiso coa clase traballadora e co pobo alemán e estamos seguros de que seguirán adiante na loita.

 

Un abrazo internacionalista!!

 

Secretaria de Relacións Internacionais

Comité Central

Unión do Povo Galego

Perú abre unha nova etapa

A vitoria de Pedro Castillo na segunda volta das eleccións presidenciais peruanas supón a ruptura cunha historia de décadas de gobernos de dereita, que respondían aos intereses da burguesía e do centralismo limeño, gobernos corruptos e submisos diante das decisións do imperialismo e das transnacionais que explotan os recursos naturais sen que iso redunde no beneficio do pobo. Ler máis

A OTAN reúnese en Bruxelas ás ordes de Joe Biden

Hoxe luns celébrase en Bruxelas a 29 Cimeira da Organización do Tratado do Atlántico Norte-OTAN, principal instrumento militar do imperialismo, unha reunión na que estará presente o presidente dos EUA, e que segundo fontes da propia OTAN estará centrada fundamentalmente na adopción de medidas contra Rusia e China, e contra o terrorismo internacional. Ler máis

Xa dispoñíbel na web o libro do XV Congreso da UPG

Presentamos o documento coas resolucións do XV Congreso da Unión do Povo Galego que tivo lugar na cidade de ompostela, o 19 de febreiro de 2020baixo o lema “Autodeterminación para a Galiza existir e avanzar”. Recóllense no libro as Teses aprobadas, o discurso de apertura a cargo de Néstor Rego, como Secretario Xeral da UPG e o seu discurso de clausura. Tamén se incorpora no libro o Programa, os Estatutos, a composición do novo Comité Central e as delegacións convidadas que estiveron presentes.