Nova edición do Convivio da Cultura Galega

Un ano máis, a IX edición,  a Federación Galiza Cultura convoca o “Convivio da Cultura Galega” en Outeiro de Rei na Casa Museo Manuel María este sábado 9 de xullo. Read more

Contra o imperialismo, pola paz e a soberanía dos pobos. Non á OTAN!

Desde os seus inicios, o nacionalismo popular galego ten como un dos seus principios fundacionais o pacifismo, o antimilitarismo, a defensa da soberanía dos pobos e o antiimperialismo.  Read more

O concello de Dodro acorda dar o nome de Moncho Reboiras a unha rúa de Imo

No día de onte, 9 de xuño, o Pleno da corporación municipal de Dodro acordou poñerlle o nome de “Moncho Reboiras” a estrada principal do concello, a AC-305, no tramo correspondente á parroquia de Imo, lugar natal do noso camarada e onde repousan os seus restos mortais. Read more

1º de maio. Fortalecer a mobilización en defensa dos dereitos da clase traballadora galega

Vivimos nun contexto social e político especialmente complexo, que implica enormes apertos económicos para os sectores populares e, especialmente, para a clase traballadora galega. Ás consecuencias da pandemia e das políticas económicas desenvolvidas nese período vén a sumarse a guerra de Ucraína que, para alén das repercusións propias dun conflito bélico e as súas derivadas no ámbito político, ten como efecto agravar os problemas económicos que xa viñamos sufrindo, até provocar unha situación de escalada descontrolada dos prezos que ocasiona crecentes dificultades e empobrecemento das clases populares do noso país.

Todo isto, no medio dunha acción ineficaz dun Goberno español que non está disposto a adoptar medidas que poñan en cuestión os intereses dos grandes poderes económicos, e que non dubida en permitir o asalto ás rendas do traballo para salvagardar as rendas do capital.

Estamos a falar dunha situación que levará, sen dúbida, a agudizar a ofensiva antisocial, o que necesariamente nos obriga a reaxir de maneira rápida e contundente. É necesario acentuar -na rúa e nas institucións- a oposición ás políticas antisociais que está a desenvolver o Goberno español: reforma das pensións que consolida os aspectos máis lesivos das anteriores, non derrogación da reforma laboral, mantemento da Lei da Mordaza, reacción insuficiente –cando non complicidade coas grandes enerxéticas, como aconteceu coas eléctricas- frente á escalada brutal de prezos que empobrece as clases populares, anuncio do aumento do gasto militar de 0,9 a 2% do PIB, políticas belicistas ao mandado da OTAN…

E cómpre reaxir tamén frente á inacción dunha Xunta da Galiza ausente que, nunha situación excepcional de crise, renuncia a exercer de verdadeiro goberno galego adoptando medidas necesarias e posíbeis no ámbito das súas competencias e só parece preocupado en resolver a substitución de Feixóo, mais sen tocar o nefasto legado que deixa en recortes sociais, privatización e precarización de servizos públicos, crise industrial e demográfica, emigración, etc.

Debemos, aliás, activar a mobilización desde a conciencia de que, se non houber unha oposición a estas políticas desde o soberanismo e a esquerda, a decepción e descontento que xeran podería ser capitalizado pola demagoxia e o populismo da ultradereita españolista, que non dubida en se presentar como anti-sistema cando na realidade son o último baluarte de salvagarda do sistema.

Por todo isto, a Unión do Povo Galego (UPG) anima toda a militancia nacionalista e as clases populares do noso País a participar nos actos que o sindicalismo combativo, nacionalista e de clase (CIG) ten convocados para este 1º de maio como mellor maneira de lle facer frente á actual situación que padecemos e fortalecer unha alternativa nacional e popular na Galiza.

Análise e propostas do Comité Central da UPG para o contexto actual

O Comité Central da UPG reunido o pasado 21 de marzo aprobou o documento que vai a continuación a respecto da nosa análise para o contexto actual e as propostas de actuación política para ese contexto. O documento está sendo sometido a debate nas asembleas comarcais do Partido que se están a desenvolver no conxunto da nación. Read more

Mobilización nacional contra a suba dos prezos

A escalada de prezos que estamos a sufrir, con especial incidencia na Galiza, está empobrecendo ás familias, á clase traballadora, levando ó límite a moitas empresas e mesmo a sectores produtivos esenciais en Galiza, por iso, o BNG está a desenvolver unha campaña de sensibilización e mobilizacións baixo o lema “Os prezos soben, os teus cartos baixan” e que culminará cunha manifestación prevista para este domingo en Compostela con saída ás 12 h na Praza 8 de Marzo. Read more

Documento de análise sobre o contexto económico e sociopolítico postpandémico.

O Comité Central da UPG aprobou o documento que aquí se comparte para ter unha análise sobre o contexto en que o nacionalismo galego terá que actuar nos vindeiros anos. Read more

Gañar unha nova Galiza. XVII Asemblea Nacional do BNG.

Neste domingo, 7 de novembro, decorrerá no Coliseum da cidade da Coruña a XVII Asemblea Nacional do BNG sob o lema “Gañar unha nova Galiza”. Nela  serán aprobadas as liñas de traballo para os vindeiros anos. Read more

Tributo a Moncho Reboiras no aniversario do seu asasinato

A Unión do Povo Galego (UPG) vai desenvolver como todos os anos, desde fai xa 46 anos, os actos públicos de tributo a Xosé Ramón Reboiras Noia o vindeiro 12 de agosto, quinta feira, na cidade de Ferrol. Este ano 2021 no contexto sanitario no que nos atopamos por mor da Covid-19 e co obxectivo de priorizar a seguridade de todas as persoas que asistan aos actos de homenaxe, estes actos terán modificacións a respecto do formato no que estaban a desenvolverse nos últimos anos. Read more

Día da Patria Galega, por unha Galiza sen límites

Un ano máis o nacionalismo convoca ao conxunto do pobo galego a celebrar colectivamente o Día da Patria Galega. Este ano o BNG convoca baixo o lema “Galiza sen Límites”. Sen límites ás nosas aspiracións como pobo, sen límites ao noso camiño cara á autodeterminación, sen límites á nosa soberanía nacional. Temos que aspirar a todo en todos os ámbitos, con capacidade para decidir por nós e para nós: o pobo galego. Read more